Recentemente completáronse as obras de realización do cerramento da fachada oeste das pistas de pádel cubertas do noso Parque deportivo da Zapateira, o que supón unha importante mellora e confort para a práctica desta disciplina deportiva. A obra foi financiada, en parte, pola Deputación da Coruña, dentro do seu “programa FO104/2018 de subvencións a entidades deportivas sen ánimo de lucro para infraestruturas e equipamento deportivo”, con número de expediente 2018000029514. Agradecemos á Deputación da Coruña a súa colaboración.

DESCARGAR PDF

¿Quieres dejar un comentario?